FUAC. Comunicación. Actualidade

A Facultade de Informática deu a coñecer ao gañador do Noveno Premio ao Mellor TFG no marco da FePEfic

26/04/2024

A Facultade de Informática da UDC deu a coñecer este xoves 25 de abril, durante a Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), ao gañador do Noveno Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC, que foi Jesús Mosteiro pola súa TFG ‘Paralelización dun algoritmo de aprendizaxe automática multi-vista baseado en grafos’.

A Facultade de Informática da UDC fallará o seu Premio ao mellor TFG aplicado 2023/24 durante a FePEfic

22/04/2024

Os próximos días 23, 24 e 25 de abril celebrarase unha nova edición da Feira de Prácticas e Emprego (FepeFIC), na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC). Un punto de encontro para que os estudantes coñezan de primeira man como traballan as entidades do sector TIC, que operan na Coruña, nas que poderán realizar prácticas durante os seus estudos e estas descubran as inquietudes do estudantado do centro.

A Facultade de Informática da UDC anunciará o 25 de abril cal é o mellor TFG aplicado 2023/24

22/04/2024

A Cátedra NTT Data participará na Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic 2024), que organiza a Facultade de Informática da UDC, os días 23,24 e 25 de abril. Un evento destinado ao alumnado que o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares en empresas como vía para iniciar o seu camiño profesional nun mercado altamente dinámico e demandante de perfís cualificados.